http://www.indexmundi.com/es/etiopia/poblacion_perfil.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Pa%C3%ADses_por_%C3%8Dndice_de_Desarrollo_Humano
Nota: A agricultura cobre o 90% das exportacións, o 50% do PIB e o 80% do emprego. O café é o produto estrela, que xoga un papel decisivo na economía do país. http://www.indexmundi.com/es/etiopia/economia_perfil.html
http://www.indexmundi.com/es/etiopia/deuda_externa.html
O birr (en amhárico “prata”),dividido en 100 centavos é a divisa oficial de Etiopía. Esta moeda foi adoptada no ano 1945 pero daquela era coñecida coma “dólar etíope” e é ó ano seguinte cando pasa a ser coñecida polo seu Nome oficial. Un birr equivale actualmente a 0,0734 €.
O amhárico é a língua constitucionalmente recoñecida en Etiopía. Tamén é coñecido como amarinya, amharinya ou kuchumba e é falado por arredor de 15 millóns de persoas, o que a constitúe como unha das linguas máis empregadas do continente. Do mesmo xeito é a segunda língua máis falada do grupo semítico, tras o árabe. Pero o feito de que sexa a língua oficial non resta que se empreguen arredor de 80 linguas máis no territorio etíope que se corresponden coas máis de 80 etnias, algo que na actualidade se ve reflectido na súa organización territorial.
En Etiopía a poboación repártese case en partes iguais entre cristiáns coptos e musulmáns, habendo tamén unha pequena porcentaxe de xudeus e crenzas animistas no sur do país. En Etiopía, en contraposicións con outros países africanos, a relixión non foi unha importación dos países occidentais senón que foi unha das primeiras nacións en adoptar oficialmente o cristianismo (século IV). Na propia Biblia o nome “Etiopía” (Kush) é mencionado varias veces e é considerado un lugar sagrado. A igrexa copta etíope posúe o seu propio patriarca, que está en comunión co patriarca copto de Eritrea e co patriarca de todos os coptos, formando así unha única igrexa. A igrexa etíope semella unha fusión co xudaísmo, relixión que se profesaba con anterioridade. Esto é doadamente percibido nas diversas prácticas e crenzas, xa que se fai máis fincapé no Antigo Testamento e se manteñen certas tradicións, como a circuncisión dos nenos, o sacrificio de animais e a construccións dos templos seguindo a estructura do templo de Salomón. O Islam, a outra relixión maioritaria do país, está presente en Etiopía case dende a fundación da relixión, no ano 615, cando un grupo de musulmáns aconsellado por Mahoma escapou cara Etiopía tratando de fuxir da persecución na Meca. A maioría dos musulmás etíopes son suníes, a secta islámica máis importante. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||