|
Implicadas no Desenvolvemento abriu os ollos ó mundo en Lugo, no ano 1998, configurándose coma unha ONG de desenvolvemento, de xénero, aconfesional, apartidaria e crítica coa nosa sociedade. Posúe un dobre obxectivo, o de reducir as desigualdades que se dan entre os países do Norte e do Sur, nun exercicio de corresponsabilidade e de intercambio no que ambas partes son enriquecidas, e o de erradicar a desigualdade de xénero, presente en tódalas culturas e sociedades ó longo da historia. No noso xeito de entender a cooperación ó desenvolvemento reside a firme crenza de que o cambio estrutural que orixine un mundo máis xusto só será viable coa implicación da sociedade dos países do Norte, o que significa que só a través do traballo simultáneo e a vontade de cambio dun e doutro hemisferio se pode traballar efectivamente en prol do troco estrutural. www.implicadas.com www.implicadas.blogspot.com Cales son os proxectos que IND está a desenvolver en Etiopía?
|
|||
| Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911 |